Mediante a Resolución reitoral do 21 de maio de 2024 (DOG do 31 de maio), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (magnetosusceptibilidade e crioxenia), grupo II, pola quenda de promoción interna.
Mediante a Resolución reitoral do 28 de xuño de 2024 (DOG do 8 de xullo) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.
Rematado este prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o día 8 de novembro de 2024 ás 9.00 horas na sala de reunións do 2º andar do Edificio CACTUS, (rúa Constantino Candeira 1, Campus Vida, Santiago de Compostela). Non se celebrará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan coñecemento de galego.
A publicación dos anuncios de celebración dos vindeiros exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así coma en calquera outro lugar que considere oportuno.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
