Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 26 de agosto de 2024 realizouse a aprobación provisional do proxecto de trazado relativo ao acondicionamento do treito antigo da PO-400 en Rodo (Crecente), de clave PO/23/090.10, no concello de Crecente (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,
ACORDO:
Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado relativo ao acondicionamento do treito antigo da PO-400 en Rodo (Crecente), de clave PO/23/090.10, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, mediante escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Segundo. Someter ao tramite de información pública a relación individual de bens, dereitos e persoas propietarias afectadas polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou oporse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como o máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.
Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Crecente.
Así mesmo, a documentación íntegra do proxecto e un extracto do documento, cos obxectivos, localización e descrición da actuación, estarán dispoñibles na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2024
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e persoas propietarias afectadas
Acondicionamento do treito antigo da PO-400 en Rodo (Crecente)
Clave PO/23/090.10
Concello de Crecente
|
Nº |
Referencia |
Políg. |
Parc. |
Persoa titular |
NIF |
Clase de solo |
Clasificación |
Sit. básica do solo |
Expropiación |
Bens afectados |
||
|
Cant. |
Ud. |
Descrición |
||||||||||
|
1 |
36014A013000390000YY |
13 |
39 |
María del Pilar Mariño Silva |
***6583** |
Rústico |
Solo non urbanizable de núcleo rural existente tradicional |
Urbanizado |
25,00 |
25,00 |
m2 |
Vide en emparrado de calidade 2 |
|
2 |
36014A003002790000YM |
3 |
279 |
Asunción Domínguez López (hrdos.) |
***9314** |
Rústico |
Solo non urbanizable de núcleo rural existente tradicional |
Urbanizado |
3,00 |
|||
