DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51585

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle da parcela Solana de Icaria, parcela A do sector SUD-5, Icaria IV (expediente 2024/PLANEAM/000009-FG número 735).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2024004483, do 22 de agosto, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle da parcela Solana de Icaria, parcela A do sector SUD-5, Icaria IV (documento NRE 2024013975, do 1 de xullo).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 10 de setembro de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente