DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2024 Páx. 51595

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente o Plan especial de reforma interior do polígono de execución integral número 17 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, na parroquia de Padriñán.

O Pleno do Concello de Sanxenxo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xullo de 2024, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior do polígono de execución integral número 17 do Plan xeral de ordenación municipal de Sanxenxo, na parroquia de Padriñán.

O plan definitivamente aprobado estará ao dispor dos interesados no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente a dereito.

Sanxenxo, 22 de agosto de 2024

Telmo Martín González
Alcalde presidente