En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: María González Pombo.
DNI: ***3590**.
Expediente: DH.W15.99717.
Lugar: Beldoña.
Parroquia: Mabegondo (San Tirso).
Concello: Abegondo (A Coruña).
Descrición das actuacións:
Recheo de parcelas, polígono 185, parcelas 117 e 118, para un mellor aproveitamento destas.
A documentación pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar (15008) da Coruña, solicitando cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 12 de setembro de 2024
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
