O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no segundo cuadrimestre do ano 2024 que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego
da Vivenda e Solo
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
no segundo cuadrimestre do ano 2024
|
Título do convenio |
Obxecto do convenio |
Importe achegado polo IGVS |
Data de sinatura |
|
Addenda para a modificación do acordo da Comisión Bilateral relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo histórico de Corcubión (A Coruña). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021 |
Modificar o número de vivendas obxecto de rehabilitación e de edificación, así como a redistribución do custo e do financiamento inicialmente previstos, sen que supoña ningún incremento dos importes iniciais, na forma que se detalla a seguir: 9º fase nº vivendas Acordo 25.4.2024=21 10ª fase nº vivendas Acordo 25.4.2024=8 11ª fase nº vivendas Acordo 25.4.2024=2 (edificación) e 19 (rehabilitación) |
Sen achega |
25.4.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e o Concello de Ribadeo (Lugo) para a creación dun centro de rexeneración urbana de interese autonómico |
Precisar os obxectivos, o financiamento e o funcionamento do centro Rexurbe de Ribadeo, así como os mecanismos de actuación conxunta e coordinada para facilitar o cumprimento e a execución das diferentes actuacións, dos plans e dos programas en materia de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas |
114.956,20 € |
17.6.2024 |
|
Addenda para a primeira prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a xestión da recadación dos recibos de facturación emitidos polo citado organismo, relativos a vivendas e locais, e do depósito e devolución de fianzas por arrendamentos de predios urbanos |
Prorrogar a vixencia do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Abanca para a xestión da recadación dos recibos de facturación emitidos polo IGVS, relativos a vivendas e locais, e do depósito de fianzas por arrendamentos de predios urbanos, ata o día 1 de xullo de 2025 |
72.204,00 € |
18.6.2024 |
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero |
Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o IGVS para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero que se refiren a asegurar a existencia de recursos habitacionais suficientes e dignos para as vítimas da violencia de xénero (medidas 75, 168 e 215 do documento refundido final do Pacto de Estado contra a violencia de xénero) |
2.977.205 € |
22.7.2024 |
