DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2024 Páx. 51686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 26 de agosto de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (expediente PR204A 2024/2978-2 e oito máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70,1º-Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Lugo, 26 de agosto de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Parte contraria notificada

Resolución notificada

PR 204A 2024/2978-2

Rafael Riopedre Trobo

Desestimatoria

PR 204A 2024/3189-2

Miax 5000, S.L.U.

Estimatoria

PR 204A 2024/3258-2

José Ramón Blanco Balseiro

Estimatoria

PR 204A 2024/3405-2

Valeria Rocío Vega

Estimatoria

PR 204A 2024/3498-2

Olivia López Teijo

Estimatoria

PR 204A 2024/3544-2

María Mónica Pan Trastoy

Estimatoria

PR 204A 2024/3666-2

María del Carmen Piñeiro Arias

Estimatoria

PR 204A 2024/3695-2

Abraham Ricardo Guerra Viacana

Desestimatoria

PR 204A 2024/3703-2

Renzo Germán Pérez Arirama

Estimatoria