De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que as notificacións fosen devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentadas dúas veces, non se puideron efectuar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse nun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede deste departamento territorial, sito na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto da publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Pontevedra, 12 de setembro de 2024
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado |
|
PO-RES-2024-049 |
Gheorghe Radu |
Resolución |
Polo director territorial |
|
PO-RES-2024-109 |
Florin Alexandru Radu |
Acordo de incoación |
Polo director territorial |
