De conformidade co establecido no artigo 21 dos estatutos do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, a persoa titular da Dirección do consorcio será nomeada por decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da persoa titular da consellería de adscrición do consorcio, oído o Consello Reitor e atendendo aos criterios de competencia, profesionalidade e experiencia, no ámbito académico e científico, por un período de catro anos prorrogables por períodos iguais de tempo.
En consecuencia, por proposta do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, unha vez oído o Consello Reitor na reunión que tivo lugar o 22 de xullo de 2024, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 9 de setembro de 2024,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear a José Eduardo López Pereira director do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, por un novo período de catro anos.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2024
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
