DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2024 Páx. 51707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia (expediente IN635A 2023/392-1/RAI-CO-152/24).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do venciemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, todo iso de acordo co establecido no artigo 10.1, letra a), da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Conforme o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

IN635A 2023/392-1

RAI-CO-152/24

33265820T

Notificación resolución recurso de alzada