Pola Orde do 29 de abril de 2024 (DOG número 91, do 10 de maio) anunciouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade que se detalla no anexo desa orde.
De acordo co establecido na base sexta da dita orde, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.
Segundo. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Código do posto: SAC020000115770001.
Denominación do posto: vicesecretario/a xeral.
Dependencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
Localidade: Santiago de Compostela.
Subgrupo: A1.
Nivel C.D.: 30.
Complemento específico: 24.547,18 €.
Corpo ou escala: xeral/estatutario Sergas/sanitario Lei 17/1989.
Adcr. Adm. P.: A20(7): adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA., persoal sanitario da Lei 17/1989 e persoal estatutario do Sergas.
Formación específica: 640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).
