DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2024 Páx. 51856

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficia de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 18 de setembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de abril de 2023 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional poderán consultar no fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024

Ceferino Barcia Mon
Presidente do tribunal

ANEXO

NIF

Apelidos e nome

Experiencia profesional II.2.2.1

Experiencia profesional II.2.2.2

Total experiencia profesional

Formación
II.2.2.3

Total puntuación

***5733**

Arias Rodríguez, José Antonio

36,40

3,76

35,00

3,20

38,20

***8186**

Visos Fiaño, Antonio

14,20

0,00

14,20

2,66

16,86