De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
No caso de non o faceren, consideraranse desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois de ditar a correspondente resolución.
O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
A Coruña, 10 de setembro de 2024
María Barreiro Lázare
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
AC-2024/00495 |
BA351908 32737091H |
