DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2024 Páx. 51740

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 12 de setembro de 2024 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2021 fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que «son membros natos do Consello Social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou profesora, un o unha estudante e un ou unha representante do persoal de administración e servizos, elixidos e elixidas polo consello de goberno da universidade entre os seus membros na forma que determinen os seus estatutos».

Con data do 10 de setembro de 2024, o Consello Social da Universidade de Vigo, comunicou á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que o Consello de Goberno da Universidade de Vigo, reunido o 30 de xullo de 2024, designou como representante dos estudantes no Consello Social da Universidade de Vigo a Estela Lima González en substitución de Manuel Diz Folgar.

De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade do novo membro.

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que «os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería».

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Estela Lima González membro do Consello Social da Universidade de Vigo, como representante do estudantado, en substitución de Manuel Diz Folgar.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional