Expediente: IN407A 2024/145-1.
Solicitante: UFD Distribución de Electricidad, S.A.
Denominación: substitución CT Ardións (MAT. 15CBHJ).
Concello: Brión.
1. Características técnicas:
As instalacións atópanse no lugar de Ardións, no concello de Brión, e as súas características técnicas son as seguintes:
• LMTS a 20 kV, de 156 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x150 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 9TMGX60H//D51-37 existente, no cal se substituirán as autoválvulas e o seccionador de expulsión XS, da LMT TA2803, procedente da subestación Tambre II, e remate no CTC proxectado.
• Desmantelamento tramo LMTS a 20 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x95, con orixe no apoio nº D51-37 e remate no CT que se substituirá.
• Novo CT Ardións compacto prefabricado de tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P. Desmantelamento do CT Ardións (15CBHJ, IN407A 07/519) existente en envolvente metálica.
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 30 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Brión
(expediente IN407A 2024/145-1).
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
|
|
Apoio nº |
m2 |
||||
|
1 |
Ardións Ref.: 8542706NH1484S0001ZJ |
Urbana |
Avelina Lapido Abeijón |
CT |
14.96 |
