DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20240059TA-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 26 de xullo de 2024, a directora territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20240059TA-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo, que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante este departamento territorial, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento territorial, sito na rúa Montevideo, núm. 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírtese que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 13 de setembro de 2024

María Begoña Seco Varela
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: 20240059TA-LU.

Pasaporte da persoa interesada: MV9645617.

Último enderezo coñecido: travesía El Molino, núm. 9, 04617 Palomares, Cuevas de Almanzora, Almería.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 7.u) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: unha infracción leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).