DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/16-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de novo CT, novo tramo de rede de media tensión e reordenación da baixa tensión, situada no concello do Pereiro de Aguiar, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 13 de setembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,

con enderezo ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2023/16-3.

Denominación: instalación de novo CT, novo tramo de rede de media tensión e reordenación da baixa tensión.

Concello: O Pereiro de Aguiar.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data da acta de ocupación

1

Carballiño

32059A097001980000OF

Ángela Blanco Gómez

Enderezo descoñecido

25 de outubro de 2023