DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio, no concello das Neves, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acrediten que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 13 de setembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/168-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: ampliación de potencia CTI Portela e substitución de apoio.

Concello: As Neves.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data da ocupación

Depósito previo

1

36034A123001610000WW

Descoñecido

16 de outubro de 2024

2024/54/405

2

36034A123001470000WX

Descoñecido

16 de outubro de 2024

2024/54/406