DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52057

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal técnico.

Praza: (1) técnico/a coordinador/a de proxecto (referencia: DATAlife-24-TCP1).

Proxecto que se desenvolverá: digital innovation hub for the deployment of artificial intelligence and data analytics in SMEs in the primary, biotechnological and health sectors (DATAlife), financiado pola Unión Europea dentro do programa DIGITAL-2021-EDIH-01.

Modalidade contractual: contrato temporal de duración determinada, a xornada completa, para a execución do proxecto DATAlife, regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación, en particular pola disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021.

As bases que rexerán este proceso selectivo están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web:

https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia do proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2024

Lois Orosa Nogueira
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia