DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2024 Páx. 52005

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas admitidas á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de fotocomposición, grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 29 de febreiro de 2024 (DOG do 12 de marzo e BOE do 26 de marzo) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de fotocomposición, grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 22 de abril de 2024 (DOG do 2 de maio) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión. Finalizado o prazo de presentación de emendas,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na páxina web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 23 de outubro de 2024, ás 11.00 horas, na sala de reunións, andar 2 do Edificio Cactus, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela