Mediante a Resolución da Alcaldía do 28 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de auxiliar administrativo/a, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso de méritos, para estabilización de emprego temporal.
As bases e a convocatoria foron publicadas no BOP núm. 299, do 31 de decembro de 2022, e no BOP núm. 027, do 2 de febreiro de 2023, as rectificacións de erros, con indicación de que o prazo de presentación das solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellodeboveda.sedelectronica.es).
Bóveda, 4 de setembro de 2024
José Manuel Arias López
Alcalde
