DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2024 Páx. 52527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 6 de agosto de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de produción fotovoltaica de enerxía eléctrica e a súa instalación de evacuación no concello de Arteixo (A Coruña), promovido pola Coop. Enerxética Cidade de Arteixo, S. Coop. Gallega (expediente IN408A 2023/001-1).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Expediente: IN408A 2023/001-1.

Solicitante/promotor: Coop. Enerxética Cidade de Arteixo, S. Coop. Gallega (NIF F09753195).

Domicilio social: Camiño Fontemaior A Chamusqueira, s/n, Larín de Arriba, 15144 Arteixo (A Coruña).

Denominación: proxecto de execución. Instalación fotovoltaica de 1,41 MWn en Arteixo (A Coruña).

Termo municipal: Arteixo (A Coruña).

Localización:

Coordenadas UTM:

– Punto de conexión (fuso 29): X: 538.354 Y: 4.790.829.

– Parcela catastral da instalación: 15005A045000200000PM, polígono 45, parcela 20, cunha superficie de 21.057 m2.

Características técnicas das instalacións:

– Tipo de instalación: produción.

– Paneis fotovoltaicos: 3.000 módulos fotovoltaicos de 545 Wp/mod.

– Inversores: 4 inversores solares de 353 kVA.

– Potencia instalada (artigo 3 do Real decreto 413/2014): 1,40799 MWn.

– Potencia evacuable: 2.250,60 MWh/ano.

– Centro de transformación en envolvente monobloque de formigón tipo caseta instalado en superficie e manobra interior composto de celas de AT, un transformador de 1.600 kVA e relación de transformación de 0,8/15 kV; cadros de BT e armario de telexestión e comunicacións.

– Cable de string tipo ZZ-F/H1Z2Z2-K/PV. Rede de terras do campo fotovoltaico soterrada en cable Cu de 50 mm2.

– Liña soterrada en condutor de aluminio HEPRZ1 12/20 kV de 150 mm2 en gabia que discorre por terreos de dominio público, lonxitude de 25 metros desde o centro de transformación ata o punto de conexión coa LMT de distribución de UFD LAR707.

Orzamento de execución material da instalación: 1.550.391,03 €.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de produción.

Documentación que se expón:

• Proxecto de execución. Instalación fotovoltaica de 1,41 MWn en Arteixo (A Coruña). Xaneiro 2023 (asinado o 17.1.2023) (declaración responsable do 9.4.2024).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxías Renovables do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfono 981 18 49 82), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Arteixo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/enerxias-renovables

O que se fai público para coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou no Boletín Oficial da provincia (BOP).

A Coruña, 6 de agosto de 2024

Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña