Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario núm. 217/2024, interposto pola persoa con DNI 35472709Q, contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 28.5.2024, que estima parcialmente o recurso de reposición, interposto contra outra do 19.4.2022 en que se impuxo con carácter solidario unha sanción de multa de 650 euros, como responsables dunha infracción grave, pola realización das obras que consistiron na execución de 50 m2 do pavimento da zona de acceso norte dos vehículos, que se executou entre os anos 2018 e 2020, sen autorización preceptiva en materia de costas, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar do Terrón, no concello de Vilanova de Arousa (referencia catastral 36061A024006310000LO e G31300800NH11A0001YO), ademais, ordenoulles a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior o da comisión da infracción, debendo proceder á completa demolición da edificación principal residencial, pavimentacións, alpendres, módulos prefabricados, contedor, caravana, depósito e muros no prazo máximo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 35471975H para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024
Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
