DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2024 Páx. 52718

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 9 de setembro de 2024 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia da Bastida do concello da Fonsagrada (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, o Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 9 de setembro de 2024, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 70 (recinto 3), 71 (recintos 2 e 3), 74 (recintos 3, 4 e 7) e 75 (recinto 1) do polígono 141 do concello da Fonsagrada (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 26 de agosto de 2024.

Lugo, 17 de setembro de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo