José Vilanova Martínez, con DNI ***4026**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo, con CIF G36345056, por este anuncio convoco o vindeiro día 19 de outubro de 2024, na Casa Cultural de Amoedo (Pazos de Borbén), ás 18.30 horas en primeira convocatoria e ás 19.00 horas en segunda, a asemblea extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Actuacións para levar a cabo cos usuarios con actividades específicas.
2. Obras urxentes para executar a curto prazo.
3. Adhesión a Coxapo.
4. Rogos e preguntas.
Pazos de Borbén, 28 de agosto de 2024
José Vilanova Martínez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Amoedo
