O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2024
Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura,
Lingua e Xuventude
ANEXO
|
Denominación do convenio |
Achega da Consellería |
Data de sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e as dioceses de Galicia para intervencións no patrimonio artístico de titularidade eclesiástica en 2024. |
350.000,00 € |
6.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Muíños para realizar unha posta en valor da mámoa 1 de Veiga de Maus de Salas (Muíños, Ourense). |
35.000,00 € |
6.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación Española de Religiosos de Enseñanza-Centros Católicos (Ferega-Ceca) para realizar actuacións en materia de normalización lingüística. |
15.000,00 € |
6.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a delegación territorial da ONCE en Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística. |
2.000,00 € |
7.5.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Xesús Bal y Gay para a realización do XI Festival Bal y Gay. |
30.000,00 € |
7.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica de investigación e documentación do xacemento arqueolóxico de Corro dos Mouros, Santa María Madanela de Adai (Lugo). |
30.000,00 € |
15.5.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira para a realización do proxecto de arquivo biblioteca. |
30.000,00 € |
15.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística. |
1.000,00 € |
16.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística. |
24.000,00 € |
16.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Folgoso do Courel para a realización dunha actuación arqueolóxica de escavación e consolidación do xacemento arqueolóxico de Monte Cido (Folgoso do Courel, Lugo). |
25.000,00 € |
20.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Castro Caldelas para a realización dunha actuación arqueolóxica de escavación, consolidación e acondicionamento do antigo mosteiro de San Xoán de Camba (Castro Caldelas, Ourense). |
25.000,00 € |
20.5.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Deputación Provincial de Ourense para a realización do Festival Xornadas de Folklore 2024. |
29.000,00 € |
21.5.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Rogelio Groba para a colaboración nos gastos de funcionamento da fundación. |
10.000,00 € |
21.5.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Ferrol para conmemorar os 25 anos do pasamento de Gonzalo Torrente Ballester. |
35.000,00 € |
22.5.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago para a realización de actividades culturais. |
18.000,00 € |
22.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dun traballo de investigación sobre a figura de Manuel Ventura Figueroa. |
30.000,00 € |
24.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Allariz para a realización dunha actuación arqueolóxica para a recuperación patrimonial do Castro da Cibdá de Armeá (Allariz, Ourense). Campaña 2024. |
25.000,00 € |
24.5.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil para a creación do Observatorio do libro infantil e xuvenil galego, a realización de actividades culturais e o apoio ao libro infantil e xuvenil en Galicia. |
25.000,00 € |
3.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica en 2024 na Cova Eirós (Triacastela). |
30.000,00 € |
4.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas para a difusión, estudo e preservación da obra de Antonio Fraguas Fraguas. |
12.000,00 € |
11.6.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para a realización de actividades culturais. |
30.000,00 € |
18.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia no ano 2024 e de actividades de formación, actividades culturais en librarías e dixitalización. |
160.000,00 € |
19.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Woxsen en Hyderabad (India) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas. |
4.000,00 € |
19.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística. |
Sen custo |
19.6.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Círculo das Artes de Lugo para obras de mantemento no edificio do Círculo das Artes de Lugo. |
200.000,00 € |
24.6.2024 |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e Abanca Corporación Bancaria para o desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné Xove. |
Sen custo |
24.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística. |
1.000,00 € |
25.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Vicente Risco para a difusión, estudo e preservación da obra de Vicente e Antón Risco. |
10.000,00 € |
25.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e ANPE Sindicato Independente para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística. |
1.000,00 € |
27.6.2024 |
|
Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver nos anos 2024, 2025 e 2026 un programa de actuacións sobre o neofalantismo a través do grupo de novos medios da Facultade de Ciencias da Comunicación. |
60.000,00 € |
2.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Ordes para a substitución de cuberta na Mostra do Traxe. |
106.982,94 € |
2.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística. |
1.000,00 € |
3.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua para colaborar no desenvolvemento de actuacións de normalización lingüística. |
4.000,00 € |
3.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega para actuacións en materia de normalización lingüística. |
8.000,00 € |
3.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para actuacións en materia de normalización lingüística. |
15.000,00 € |
8.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos para desenvolver un programa de actuacións para difundir, estudar e preservar a obra de Manuel María. |
5.000,00 € |
10.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Castelao para a difusión, estudo e preservación da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. |
5.600,00 € |
10.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega. |
9.000,00 € |
11.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Foro Enrique Peinador para actuacións de normalización e dinamización lingüística. |
15.000,00 € |
11.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universidade do Estado do Rio de Janeiro (Brasil) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas. |
12.000,00 € |
12.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística. |
1.000,00 € |
12.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello da Coruña para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2024. |
Sen custo |
12.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización do XXI encontro galego da ilustración. |
7.000,00 € |
15.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Orden Franciscana Seglar/Fraternidad Ciudad Vieja para a restauración da cuberta da capela da Venerable Orde Terceira da Coruña (A Coruña). |
Sen custo |
16.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Vigo en materia de normalización lingüística. |
22.000,00 € |
22.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Cerdedo-Cotobade para equipamento da Casa de Música Tenorio. |
29.999,98 € |
22.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Portomarín para equipamento do Local Cultural de Portomarín. |
33.000,00 € |
22.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade da Coruña para actuacións en materia de normalización lingüística. |
23.500,00 € |
24.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Ribadavia para a reforma da Biblioteca Municipal de Ribadavia. |
56.000,00 € |
24.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Xinzo de Limia para actuacións de mellora na Biblioteca Pública Antelana de Xinzo de Limia. |
49.000,00 € |
24.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Granada para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas. |
12.000,00 € |
26.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Paco Lareo. A solaina de Piloño para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega. |
5.000,00 € |
26.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Coristanco para actuacións de mellora e ampliación da Biblioteca Pública de Coristanco. |
100.000,00 € |
29.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Concello de Vilamarín para actuacións de mellora na Casa da Cultura de Vilamarín. |
47.000,00 € |
30.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas. |
58.462,56 € |
31.7.2024 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Manuel Moldes para levar a cabo a exposición «50 anos de tambor». |
20.000,00 € |
31.7.2024 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construción Naval y de las Actividades Marítimas-Exponav, para contribuír ao funcionamento do museo da construción naval no ano 2024. |
Sen custo |
31.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela en materia de normalización lingüística. |
37.000,00 € |
1.8.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Federal Fluminense (Brasil) para a docencia, a investigación e a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas. |
4.000,00 € |
7.8.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación de Produtoras Independentes de Lugo April. |
11.000,00 € |
26.8.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (Citmaga) para creación de xemelgos dixitais para o estudo e predición da circulación de aire no interior de monumentos, no ámbito do programa Retech (redes territoriais de especialización tecnolóxica), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU. |
162.000,00 € |
27.8.2024 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Casa Escuelas Pías de Monforte (PP Escolapios) para a execución das obras de restauración da cúpula de Nosa Señora da Antiga no Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos (Lugo). |
Sen custo |
30.8.2024 |
