DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 28 de agosto de 2024 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-48-24-489 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación destes acordos, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor, concretando os medios de que se pretendan valer e citando o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolución.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolveranse os procedementos coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días contado desde a publicación destes acordos, para identificar, no caso de que non fosen vostedes, os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, indicando o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e igualmente cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2024

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI do/da denunciado/a

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto

infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-24-489

2028-LVG

Gardapeiraos

36081980V

Estacionamento prohibido.

5.6.2024; 19.25 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-513

1092-KTV

Gardapeiraos

76110075Q

Estacionamento prohibido.

14.6.2024; 11:59 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-514

1345-JVX

Gardapeiraos

39462052D

Estacionamento prohibido.

17.6.2024; 22.03 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-515

3749-JDL

Gardapeiraos

52452109B

Estacionamento prohibido.

19.6.2024; 16.16 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-516

4936-BVG

Gardapeiraos

76509066A

Estacionamento prohibido.

19.6.2024; 20.51 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-549

0146-DNK

Gardapeiraos

33855733D

Estacionamento prohibido.

28.6.2024; 11.38 horas;

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €