DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifican determinados trámites no expediente expropiatorio IN407A 2010/268-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio comunícase o seguinte:

1. Concello de Brión, predio 127, titular José Trigo García. Comunícaselle que o seu predio xa foi ocupado. Están ao seu dispor nas oficinas deste departamento territorial a acta previa e o depósito previo por se desexa obter unha copia. Dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para chegar a un acordo amigable coa empresa. Transcorrido ese prazo, dispón de vinte días para presentar a súa folla de valoración. Notifícaselle que a empresa xa elaborou a súa e que se quere coñecela e, de ser o caso, presentar alegacións sobre ela, pode solicitala ao Departamento de Expropiacións deste departamento territorial.

2. Concello de Teo, predio 88, herdeiros de Manuela Solla Tarela e Brenda Carrillo Campelo. Teñen ao seu dispor a folla de valoración da empresa beneficiaria. Predio 122-37, Manuel Goldar Tourís, está na mesma situación que o predio de Brión.

3. Concello de Rois, predios 676 e 684, José e Rosalino Gosende Sorribas. A notificación é a mesma que a do predio de Brión. Predio 351, propiedade en litixio, notifícaselles que está ao seu dispor a folla de valoración da empresa beneficiaria. Se queren coñecela e, de ser o caso, presentar alegacións sobre ela, poden solicitala ao Departamento de Expropiacións deste departamento territorial.

A Coruña, 18 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña