DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2024 Páx. 52895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2023/140-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio os titulares que figuran no anexo son informados da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA SCV817N entre os apoios núm. CT-CT-28-11 e CT-CT-28-12, situada no concello de San Cibrao das Viñas.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, son requiridos para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no BOE, a súa folla de valoración, na cal concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegarán o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 13 de setembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2023/140-3.

Instalación: regulamentación da LMTA SCV817N entre os apoios números CT-CT-28-11 e CT-CT-28-12.

Concello: San Cibrao das Viñas.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data do depósito previo

1

Veiga

32076A007002450001IB

Benigna Abadín Vázquez

Enderezo descoñecido

1.7.2024

2

Rodeiro

32076A007004290000UY

María del Carmen Blanco Cid

Enderezo descoñecido

1.7.2024