DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 56/2024, en relación coa Resolución do 6 de febreiro de 2023 pola que se modifican as resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, modificadas pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro), e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala de axentes de Inspección, especialidade de Consumo, subgrupo C1, para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP, e para analista xestor de contidos web (persoal propio do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable).

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 56/2024, en relación a Resolución do 6 de febreiro de 2023, pola que se modifican as resolucións de 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, modificadas pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e se convocan procesos selectivos, pola quenda de acceso libre, para a escala de axentes de Inspección, especialidade de Consumo, subgrupo C1, para a escala de persoal de mantemento, subgrupo AP e para analista xestor de contidos web (persoal propio do Cixtec).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal