DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 20 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación dunha área recreativa con zona de baño en Ribas Altas, no concello de Monforte de Lemos (expediente 2024AAE2907).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 19 de setembro de 2024 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a creación dunha área recreativa con zona de baño en Ribas Altas, no concello de Monforte de Lemos.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2907).

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade