DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 16 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador PS-DXIS-15-2024.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación, de acordo co previsto no artigo 42 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración ao descoñecerse o domicilio, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a notificación do acto quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado na referida resolución, a persoa interesada poderá interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería de Política Social e Igualdade no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, tal como prescribe o artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 16 de setembro de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PS-DXIS-15-2024.

Persoa interesada. NIE: X5520454V.

Acto de notificación: Resolución do 16 de setembro de 2024 de procedemento sancionador.

Preceptos infrinxidos: artigo 93 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96.a) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.