O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,
RESOLVO:
Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos en materia de política social e igualdade durante o segundo cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2024
María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre do ano 2024
|
Título |
Obxecto |
Data de sinatura |
Importe (€) |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Escola Galega de Administración Pública, para a organización do curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais. |
A colaboración para o desenvolvemento conxunto do curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais, dirixido ao persoal inspector de servizos sociais dos subgrupos A1, A2 e C1 da Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia, en situación de servizo activo ou asimilada. |
13.8.2024 |
10.500,00 € |
|
Convenio de colaboración para o ano 2024, entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Aldeas Infantiles SOS Galicia, para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao desenvolvemento do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa da entidade Aldeas Infantiles SOS Galicia, nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024. |
16.5.2024 |
173.353,44 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, para o desenvolvemento do programa Vacacións en Paz 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención, ao desenvolvemento do programa Vacacións en Paz 2024, da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e que ten como obxectivo xeral trasladar 111 nenos, nenas e adolescentes saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas. |
21.6.2024 |
100.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan), para a realización de actuacións na consecución de beneficios e vantaxes destinados ás familias numerosas galegas, no ano 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención, ao desenvolvemento de actuacións da entidade de difusión dos beneficios e das vantaxes dos programas e medidas destinadas ás familias numerosas e do desenvolvemento de accións de captación de empresas e entidades en xeral que ofrezan vantaxes como medidas de apoio e axudas ás ditas familias durante o ano 2024. |
9.7.2024 |
27.053,76 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Arela, para a difusión e publicidade da medida xudicial de convivencia con persoa ou familia na provincia de Pontevedra. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención á entidade para a realización de actividades de difusión e publicidade da medida para a convivencia de persoas ou familias con menores que sexan derivados para tal fin polo Xulgado de Menores de Pontevedra. |
10.7.2024 |
26.900,32 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais, no ano 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención á entidade para a prestación de apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillos e/ou fillas menores ao seu cargo, mediante o establecemento de accións específicas cuxo obxectivo é o de potenciar a autonomía das familias monoparentais. |
22.7.2024 |
32.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, para o desenvolvemento dun proxecto denominado Servizo de atención logopédica para menores xordos e/ou con discapacidade auditiva e as súas familias, no ano 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do proxecto Servizo de atención logopédica para menores xordos e/ou con discapacidade auditiva e as súas familias, que a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia ten previsto desenvolver no ano 2024. |
29.7.2024 |
14.618,98 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Alcer Galicia, para o desenvolvemento dun programa de intervención psicosocioeducativa en menores con enfermidade renal crónica en Galicia (programa Medro con Alcer), no ano 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para a intervención psicosocial, apoiando e acompañando as familias para mellorar a súa calidade de vida dentro do seu proceso de adaptación e convivencia coa enfermidade renal crónica, tratando de minimizar as posibles dificultades derivadas do coidado, así como adaptarse á enfermidade e mellorar o seu benestar social, establecendo unhas bases sólidas de coordinación entre todas as partes implicadas na atención, dentro dos procesos de atención socio-sanitaria a persoas menores con enfermidades renais crónicas. |
29.7.2024 |
37.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Ingada, para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias, no ano 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao Programa de asesoramento de carácter preventivo dirixido ás familias de membros con trastorno de déficit de atención con hiperactividade e trastornos asociados, desenvolvido pola entidade, que contribúe á detección e á intervención temperá do trastorno, á modificación de condutas non desexadas e á adquisición de pautas saudables para a dinámica familiar, e que ten como finalidade que as familias poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas, socializadoras e superar situacións de necesidade e risco social. |
30.7.2024 |
80.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Manaia, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, para a execución do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras, no ano 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, a Manaia, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, para o desenvolvemento, na Comunidade Autónoma de Galicia, do Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras do que é titular a dita entidade, mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento, na súa nova vida, da persoa menor adoptada, mediante a orientación, o asesoramento, o acompañamento e o apoio especializado ás familias adoptantes e acolledoras e/ou ás persoas menores. |
1.8.2024 |
65.500,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a asociación Educando en Familia, para o desenvolvemento dun programa de intervención educativo-familiar, no ano 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, dun programa da asociación Educando en Familia, de intervención educativo-familiar dirixido ás familias da Terra Chá e da Mariña Lucense para o ano 2024. |
6.8.2024 |
35.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Andrea de apoyo a los niños con enfermedades de larga duración, crónicas ou terminales, para o desenvolvemento dun programa denominado Soporte vital ás familias con nenas e nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos, no ano 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública a favor da dita fundación, para a realización do seu programa denominado Soporte vital ás familias con nenas e nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos. |
20.8.2024 |
20.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos, para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, o almacenamento e a distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, mediante a concesión directa dunha subvención pública para a realización, por parte da federación, dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, ao almacenamento e á distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas, legalmente constituídas con esa finalidade, que actúen no territorio galego, incluíndo tamén a adquisición dos alimentos cando a captación resulte insuficiente, o que, en último termo, fai posible que as persoas en risco de exclusión social poidan satisfacer as súas necesidades alimenticias básicas. |
19.6.2024 |
100.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Monte do Gozo, para o desenvolvemento do programa Acougo no Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, mediante a concesión directa dunha subvención pública, para a realización, por parte da fundación, dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral de persoas con patoloxía dual, a través do programa Acougo. A colaboración céntrase no sostemento dos servizos e as accións que se desenvolven no programa e no dispositivo para persoas diagnosticadas con patoloxía dual que a Fundación Monte do Gozo posúe en Vigo. |
21.6.2024 |
153.846,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Rede Europea contra a Pobreza (EAPN-Galicia), para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, á optimización dos recursos e das sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, mediante a concesión directa dunha subvención pública á Rede Europea contra a Pobreza (EAPN-Galicia) para a realización por parte desta dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social. |
27.6.2024 |
90.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Mugardos, para a realización das actividades de formación e aprendizaxe dos períodos de formación práctica na residencia de maiores de Caranza-Ferrol, do alumnado do obradoiro dual de emprego Reinicia X. |
Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Mugardos para o desenvolvemento dos períodos de formación práctica do curso certificado de profesionalidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, dentro do obradoiro dual de emprego Reinicia X, en centros dependentes da Consellería de Política Social e Igualdade. |
23.5.2024 |
Sen custo. |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Riotorto, para a colaboración no financiamento do programa para a dinamización das persoas maiores nos centros veciñais do concello, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao programa para a dinamización das persoas maiores nos centros veciñais do concello de Riotorto, o cal ten previsto desenvolver durante o ano 2024, dirixido á atención de persoas maiores en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal destas persoas maiores residentes no dito concello. |
27.5.2024 |
45.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello do Pereiro de Aguiar, para o financiamento do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia, que desenvolve o Concello do Pereiro de Aguiar no exercicio 2024. |
28.5.2024 |
100.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Ribadeo, para o financiamento do proxecto integral Preto de Ti, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do proxecto integral Preto de Ti, que o Concello de Ribadeo ten previsto desenvolver durante o ano 2024. |
11.6.2024 |
50.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Ortigueira, para o financiamento do programa Rural Vivo_ Rural Activo, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao desenvolvemento do programa de envellecemento activo do ano 2024 do Concello de Ortigueira Rural Vivo-Rural Activo, de cara á realización de actividades dirixidas ás persoas maiores e persoas en situación de vulnerabilidade, residentes nese concello, que se desenvolverá nos centros sociocomunitarios específicos do seu ámbito. |
26.6.2024 |
50.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Centro Asociado da UNED da Coruña, para o financiamento do programa UNED Sénior, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, á UNED A Coruña, para o desenvolvemento por esta do programa UNED Sénior no ano 2024, que se configura como unha oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior de 65 anos que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais. |
8.7.2024 |
13.860,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela, para o financiamento do Programa universitario de maiores, IV ciclo, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, á Universidade de Santiago de Compostela, para favorecer e permitir o desenvolvemento das actividades previstas pola dita universidade dentro do Programa universitario de maiores, IV ciclo. |
10.7.2024 |
32.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade da Coruña, para o financiamento da Universidade Sénior, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á Universidade da Coruña para o ano 2024, para facilitar a consolidación da Universidade Sénior. |
11.7.2024 |
32.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Vigo, para o financiamento do Programa universitario para maiores, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, para a realización pola Universidade de Vigo, nos seus campus de Ourense, Pontevedra e Vigo, dun programa universitario específico denominado Programa universitario para maiores, no exercicio 2024. |
17.7.2024 |
32.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo, para o financiamento do Proxecto de democratización do coñecemento, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública ás universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo para o desenvolvemento do Proxecto de democratización do coñecemento. |
19.7.2024 |
40.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Marín, para a realización das actividades de formación práctica do alumnado do curso para a obtención do certificado de profesionalidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, promovido polo Concello de Marín en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. |
Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Marín, para o desenvolvemento dos períodos de formación práctica do curso certificado de profesionalidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, dentro do obradoiro dual de emprego Concello de Marín I, da especialidade Atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio e institucións sociais, en centros dependentes da Consellería de Política Social e Igualdade. |
19.7.2024 |
Sen custo |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Castrelo de Miño, para a realización do proxecto Preto de ti estamos nós, de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia para persoas maiores, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, das actuacións que o Concello de Castrelo de Miño ten previsto desenvolver durante o ano 2024, de cara á realización do proxecto Preto de ti estamos nós, dirixido ás persoas maiores residentes nese concello. |
6.8.2024 |
40.700,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Lalín, para o financiamento do programa respiro familiar Lalín Activa, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública ao concello, do programa de conciliación e respiro familiar Lalín Activa, de cara a proporcionar espazos de esparexemento dirixidos ás persoas maiores de 55 anos ou máis partindo das necesidades de conciliación e respiro familiar demandadas polos seus familiares, para fomentar a conciliación laboral e o tempo libre. Este programa levarase a cabo no propio núcleo urbano e en 10 puntos xeográficos do concello, que serán as parroquias rurais que cubran a maior parte do seu territorio (Botos, Cercio, Donramiro, Filgueira, Goiás, Muimenta, Prado, Vilatuxe, Soutolongo e Lalín). |
9.8.2024 |
75.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Atención Temperá, para contribuír ao financiamento dun programa de intervención en atención temperá, destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, dun programa de intervención en atención temperá da entidade Asociación Galega de Atención Temperá, destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos, con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias, no ano 2024. |
28.5.2024 |
735.926,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Parapléjicos y Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym), para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares e/ou grandes discapacitados residentes en Galicia e ás súas familias e o mantemento da entidade, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento da entidade e das actividades que comporta o programa que Aspaym ten previsto desenvolver durante o ano 2024 dirixido a persoas con lesión medular e/ou grandes discapacidades residentes en Galicia e ás súas familias. |
28.5.2024 |
55.142,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), para o financiamento de servizos especializados dirixidos a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da federación e das súas entidades federadas, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento da FAXPG e das súas entidades federadas, e dos servizos especializados que esta entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2024, dirixidos a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. |
28.5.2024 |
909.826,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), para o financiamento dun programa de intervención social destinado a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e/ou crónicas e das súas familias e do mantemento da federación, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento de Fegerec e do programa que na área de intervención social ten previsto desenvolver durante o ano 2024, dentro do seu ámbito de actuación e de acordo co seu Proxecto de atención integral sociosanitaria, destinado a mellorar a integración sociolaboral, a autonomía persoal e a calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades raras e/ou crónicas e ás súas familias. |
30.5.2024 |
33.310,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Autismo Galicia, para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias en Galicia e para o mantemento da federación e das entidades federadas, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento da federación e das entidades federadas, así como das actuacións que conforman a programación que ten previsto desenvolver Autismo Galicia, durante o ano 2024, orientadas á atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias en Galicia. |
5.6.2024 |
277.583,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), para o financiamento de programas dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento de Fegadace e das súas entidades asociadas para o exercicio 2024, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución dos programas de atención a persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias, que Fegadace ten previsto desenvolver durante o ano 2024, co fin de procurar acadar a máxima recuperación funcional e autonomía desde todas as dimensións de calidade de vida persoal e familiar no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. |
5.6.2024 |
222.087,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Down Galicia, para o financiamento de programas destinados ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias e do mantemento da federación, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento da Federación Down Galicia e dos programas que a Federación Down Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2024 destinados ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias. |
5.6.2024 |
1.207.608,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o financiamento dos programas de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas, así como dos programas, que Cogami ten previsto desenvolver durante o ano 2024, de atención ás persoas con discapacidade e ás súas familias. |
13.6.2024 |
993.312,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Gallega de Asociaciones de Atención a las Personas con Parálisis Cerebral (Aspace), para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, e do mantemento da entidade, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento da Federación Aspace Galicia e das súas entidades asociadas así como das actuacións que conforman o programa que a Federación Aspace Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2024, dirixidas á atención das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns. |
24.6.2024 |
89.250,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Saúde Mental Feafes Galicia (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), para o financiamento dos programas dirixidos ás persoas con enfermidade mental residentes na comunidade autónoma de Galicia e o mantemento da entidade, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, dos gastos de persoal e gastos habituais de Feafes Galicia e das súas entidades federadas para o exercicio 2024, así como doutros gastos da mesma natureza derivados da execución das actuacións que conforman os programas de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia, dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia que Feafes Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2024. |
24.6.2024 |
617.856,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Raiolas-Lugo, para a execución dun programa de traballo social para a prevención e inserción social das persoas con trastorno do espectro autista e trastorno da comunicación social, no exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do Programa de traballo social para a prevención e inserción social das persoas con trastorno do espectro autista e trastorno da comunicación social que a entidade leva a cabo na provincia de Lugo, no exercicio 2024. |
8.7.2024 |
10.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Padres, Profesionales y Amigos de Personas con Discapacidad Intelectual Special Olympics Galicia, para o mantemento da entidade e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, de ocio, formativas e de promoción do voluntariado, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento da entidade e da promoción da integración social e mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, a través da realización de actividades deportivas adaptadas, de ocio, de formación e de promoción do voluntariado que ten previsto desenvolver Special Olympics no ano 2024. |
15.7.2024 |
199.443,00 € |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun programa experimental de intervención con enfoque transdisciplinar e segundo a metodoloxía de atención integral e centrada na persoa para persoas con discapacidade. |
Prorrogar o convenio de colaboración asinado o 1 de febreiro de 2024 durante cinco meses e con efectos desde o 1 de agosto ata o 31 de decembro de 2024, para o desenvolvemento dun programa experimental de intervención con enfoque transdisciplinar e segundo a metodoloxía de atención integral e centrada na persoa para persoas con discapacidade. |
18.7.2024 |
470.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Gallega de Asociaciones en favor de las Personas con Discapacidad Intelectual o del Desarrollo (Fademga Plena Inclusión Galicia), para o financiamento dos programas de atención a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias, e do mantemento de Fademga Plena Inclusión Galicia e das súas entidades federadas, para o exercicio 2024. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do mantemento de Fademga Plena Inclusión Galicia, e das súas entidades federadas, así como das actuacións que conforman os programas que ten previsto desenvolver a entidade a prol do colectivo de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, residentes na Comunidade autónoma de Galicia, e das súas familias, no exercicio 2024. |
24.7.2024 |
246.500,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación ALAS A Coruña (Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña), para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para avanzar no fomento e na promoción da igualdade de oportunidades, da visibilidade, da sensibilización e da non discriminación do colectivo LGTBI. |
26.6.2024 |
6.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Arelas (Asociación de Familias de Menores Trans de Galicia), para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para avanzar no fomento e na promoción da igualdade de oportunidades, da visibilidade, da sensibilización e da non discriminación do colectivo LGTBI. |
26.6.2024 |
6.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Avante LGBT+, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para avanzar no fomento e na promoción da igualdade de oportunidades, da visibilidade, da sensibilización e da non discriminación do colectivo LGTBI. |
26.6.2024 |
6.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación CASCO (Comité Cidadán Antisida da Coruña), para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para avanzar no fomento e na promoción da igualdade de oportunidades, da visibilidade, da sensibilización e da non discriminación do colectivo LGTBI. |
26.6.2024 |
6.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Les Coruña (Asociación para la Igualdad y la Visibilidad Lésbica), para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para avanzar no fomento e na promoción da igualdade de oportunidades, da visibilidade, da sensibilización e da non discriminación do colectivo LGTBI. |
26.6.2024 |
6.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación LesWorking (Asociación Profesional de Mujeres Lesbianas), para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para avanzar no fomento e na promoción da igualdade de oportunidades, da visibilidade, da sensibilización e da non discriminación do colectivo LGTBI. |
26.6.2024 |
6.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Nós Mesmas, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para avanzar no fomento e na promoción da igualdade de oportunidades, da visibilidade, da sensibilización e da non discriminación do colectivo LGTBI. |
26.6.2024 |
6.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Trans Miño LGTBIQ+, para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais (LGTBI). |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para avanzar no fomento e na promoción da igualdade de oportunidades, da visibilidade, da sensibilización e da non discriminación do colectivo LGTBI. |
26.6.2024 |
3.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación de Solidaridad Amaranta, para o mantemento dun recurso de acollida en Ourense para mulleres que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública da entidade, para o mantemento dun centro de acollida para mulleres que sofren violencia de xénero, así como as súas fillas e fillos menores, derivadas desde a coordinación da Rede Galega de Acollemento. |
16.5.2024 |
252.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Saúde Mental A Mariña, para o mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública da entidade, para o mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero e as súas fillas e fillos, derivadas desde a coordinación da Rede galega de Acollemento. |
16.5.2024 |
150.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade, e a Asociación para Proxectos Globais de Inserción e Integración Socio Laborais-ALAR Galicia, para o desenvolvemento do proxecto Fénix, de medidas de prevención e intervención integral con menores agresores de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, para o mantemento e desenvolvemento do proxecto Fénix da entidade, actuación integral con menores de idade que teñen imposta unha medida xudicial, por ter cometido un delito de violencia de xénero. |
16.5.2024 |
60.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para a atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero, e complementariamente a outras persoas da súa contorna familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, do Programa de atención psicolóxica a mulleres e menores que sufran violencia de xénero e complementariamente para outras persoas do seu contorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e do Programa de atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar, programa denominado Abramos o Círculo. |
23.5.2024 |
387.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para o mantemento dunha quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores, afectados/as por violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para o mantemento dun servizo de quenda de garda psicolóxica, especializada e permanente, para as mulleres e os seus fillos e fillas menores afectados/as |
23.5.2024 |
60.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro -Cogave-, para a posta en marcha dun programa de concienciación en igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero: Xuntos contra a violencia de xénero. Por unha sociedade libre e unida pola igualdade e pola erradicación desta lacra social, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, para a posta en marcha pola entidade dun programa de concienciación en igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero, a través dunha serie de xornadas divulgativas por toda a xeografía galega tanto en contornas rurais como urbanas. |
23.5.2024 |
15.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad, para o mantemento de vivendas de transición para mulleres vítimas de violencia de xénero previas a un recurso de acollida, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para o mantemento de vivendas de transición para mulleres que sofren violencia de xénero e as súas fillas e fillos, derivadas desde a coordinación da Rede Galega de Acollemento. |
30.5.2024 |
150.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Secretariado Xitano, para o desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a comunidade xitana en Galicia, enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para mellorar a atención ás mulleres xitanas que sofren violencia de xénero en Galicia e sensibilizar e promover relacións igualitarias entre homes e mulleres da comunidade xitana. |
30.5.2024 |
25.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Ferrol, para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, dos gastos habituais do funcionamento do servizo no centro municipal de atención ás vítimas de violencia de xénero. |
30.5.2024 |
49.950,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello da Coruña, para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, dos gastos habituais do funcionamento do servizo no centro municipal de atención ás vítimas de violencia de xénero. |
30.5.2024 |
49.950,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Lugo, para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, dos gastos habituais do funcionamento do servizo no centro municipal de atención ás vítimas de violencia de xénero. |
4.6.2024 |
49.950,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Vigo, para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á Universidade de Vigo, para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
19.6.2024 |
50.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade da Coruña, para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á Universidade da Coruña, para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
20.6.2024 |
50.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á Universidade de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. |
24.6.2024 |
50.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Aliad Ultreia, para o desenvolvemento do programa de detección e restablecemento de mulleres vítimas de trata e/ou explotación sexual. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para a realización dun programa para mellorar a detección e intervención na recuperación de mulleres vítimas de trata e/ou explotación sexual, na Comunidade Autónoma de Galicia. |
8.8.2024 |
19.600,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Juan Soñador, para o desenvolvemento do proxecto Malaikas, para a prevención da violencia de xénero das mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade e o proxecto Berrando ao Mundo de intervención con adolescentes en risco de exclusión social para o fomento da igualdade de xénero. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para previr a violencia de xénero e protexer os dereitos das mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade, promovendo a súa seguridade, dignidade e a súa autonomía. |
28.8.2024 |
50.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo, para o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero e atencións ás súas vítimas. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para o desenvolvemento da atención de mulleres inmersas en procesos de violencia de xénero, a través de cinco eixes de intervención: acompañamento social, concienciación e prevención, formación, recuperación psicosocial e reincorporación laboral. |
28.8.2024 |
25.000,00 € |
|
Convenio entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar), para o mantemento do servizo Dedaleira, especializado en información e asesoramento contra a violencia de xénero para as mulleres con discapacidade e a súa contorna. |
Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública á entidade, para o desenvolvemento do servizo de información e asesoramento afectivo-sexual |
28.8.2024 |
65.000,00 € |
