DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 2 de outubro de 2024 Páx. 53232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Reforma LMTA LAL803 en Castelo, Cepeiras, Candelas e Erbo de Arriba.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA LAL803 en Castelo, Cepeiras, Candelas e Erbo de Arriba, no concello de Lalín, que figuran no cadro anexo.

As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acrediten que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 20 de setembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/56-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reforma LMTA LAL803 en Castelo, Cepeiras, Candelas e Erbo de Arriba.

Concello: Lalín.

Predio

Referencia catastral

Titular

Depósito prezo xusto

1

36024A029002510000AP

Descoñecido/a

2024/54/412

3

36024A029002470000AQ

Descoñecido/a

2024/54/413

4

36024A028001450000AP

Descoñecido/a

2024/54/414

5

36024A031000400000AU

Descoñecido/a

2024/54/415

8

36024A031002240000AJ

Descoñecido/a

2024/54/416

15

2807407NH320N0001IU

Hros. José Taboada

2024/54/420