DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 2 de outubro de 2024 Páx. 53250

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2024.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2024 por esta Fundación.

Data da sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

30.5.2024

0,00 €

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral (art. 25 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado) entre Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

13.6.2024

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense para a itinerancia da exposición temporal «A vía da prata. Aires do sur».

2.7.2024

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Privada Banc Sabadell e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para a colaboración na celebración do «XIV Encontro de Artistas Novos».

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2024

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia