DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 3 de outubro de 2024 Páx. 53306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 23 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se acorda notificar o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2023/00059).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan o requirimento para completar o expediente de solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de non facelo, teranse por desistidos da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo no citado Departamento Territorial de Ourense, situado na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 23 de setembro de 2024

Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Núm. expediente

Interesados

OU-2023/00059

34631987J

Y0398338S