De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relaciona no anexo sen que for posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.
Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal do Departamento Territorial, sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres. Transcorrido o prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non atender o establecido no acto de citación unha vez practicada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e se acordará o arquivo das actuacións logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.
A Coruña, 13 de setembro de 2024
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2024/11582-1 |
32948548J |
Citación para o recoñecemento |
26.8.2024 |
|
2024/6652-1 |
De Lima Monteiro, Nuno Miguel |
Citación para o recoñecemento |
30.7.2024 |
|
2024/10958-1 |
49915937A |
Citación para o recoñecemento |
20.8.2024 |
|
2024/5482-1 |
01686088G |
Citación para o recoñecemento |
22.8.2024 |
|
2023/4721-1 |
32805138P |
Citación para o recoñecemento |
6.8.2024 |
|
2024/9766-1 |
32942259A |
Citación para o recoñecemento |
20.8.2024 |
|
2023/6649-1 |
46898637G |
Citación para o recoñecemento |
6.8.2024 |
|
2023/2395-1 |
32804887X |
Citación para o recoñecemento |
14.8.2024 |
|
2024/9618-1 |
34276828C |
Citación para o recoñecemento |
14.8.2024 |
|
2023/2589-1 |
X2421804L |
Citación para o recoñecemento |
13.8.2024 |
|
2024/9613-1 |
Merelas Fernández, Iride |
Citación para o recoñecemento |
14.8.2024 |
