DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 3 de outubro de 2024 Páx. 53266

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio a agosto do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2024.

27.5.2024

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, para o desenvolvemento das actuacións de fomento e difusión da seguridade industrial en Galicia.

29.5.2024

111.500,00 €

1ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación para a Dixitalización da Industria de Galicia (Dihgigal), para a elaboración de diversas actuacións asociadas á planificación industrial da Comunidade Autónoma de Galicia.

7.6.2024

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Áridos, para actividades destinadas á promoción e ao fomento do sector da industria de extracción de agregados de Galicia.

11.6.2024

15.850,71 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia, para o funcionamento da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE).

8.7.2024

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia, para a realización de actuacións específicas de fomento da minaría sustentable en 2024.

8.7.2024

90.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Ceramistas, para a realización de actuacións de promoción e de seguridade e saúde no sector da cerámica.

10.7.2024

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Clúster da Lousa, para a realización de actuacións específicas de fomento do sector da lousa no ámbito da sustentabilidade.

11.7.2024

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados, para a realización dun plan extraordinario de inspección en materia de seguridade industrial e unha campaña de inspección de vixilancia de mercado en 2024.

14.8.2024

148.754,38 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia, para apoiar a estrutura e o funcionamento desta entidade durante o ano 2024.

29.8.2024

80.000,00 €