DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 3 de outubro de 2024 Páx. 53350

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de xestión da biomasa (expediente 546/2024).

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece, no seu artigo 22.1, o que segue:

«As persoas que resulten responsables conforme o artigo 21.ter procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, se é o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano (…).

A xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas realizarase conforme os criterios establecidos mediante orde da consellería competente en materia forestal».

Esta Administración puido constatar o seguinte:

– Na parcela con referencia catastral 36001A036005370000SP, lugar Cruceiro-Arbo, polígono 36, parcela 537, O Cruceiro, 36430 Arbo (Pontevedra). Clase: urbano. Tipo de solo: solo sen edificar, incúmprese o artigo 21 da Lei 3/2007 pola existencia de maleza e árbores sen cumprir as distancias estipuladas, segundo constata as fotografías presentadas pola denunciante.

– A sede electrónica do catastro sinala como propietaria a Juana Gil Fernández (herdeiros de), pero non se puido efectuar a notificación da resolución por estar ausente na repartición.

En virtude do que antecede, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de quince (15) días naturais para xestionar a biomasa na parcela con referencia catastral 36001A036005370000SP, lugar Cruceiro-Arbo, polígono 36, parcela 537, O Cruceiro, 36430 Arbo (Pontevedra). Clase: urbano. Tipo de solo: solo sen edificar, segundo os criterios establecidos na Orde da Consellería do Medio Rural, do 31 de xullo de 2007, pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal, de tal modo que, nunha franxa de 50 metros ao redor de solo urbano, non poderá haber maleza nin as árbores indicadas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Transcorrido o devandito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 € segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Ademais, advírteselle que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.

Arbo, 16 de setembro de 2024

Horacio Gil Expósito
Alcalde