DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 3 de outubro de 2024 Páx. 53340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente DH.W15.98784).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: José Luis Castro Romero.

DNI: ***0240**.

Expediente: DH.W15.98784.

Lugar: rúa Meidelo, 15. Polígono 29.

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María).

Concello: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Descrición das actuacións:

Consiste na realización dun sumidoiro de captación das pluviais na parcela mencionada que desauga a través dunha tubaxe de PVC SN4 diámetro 200 mm, na parcela de referencia catastral 3322010NJ9132S.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, 15008 A Coruña, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 6 de setembro de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte