Expediente: IN407A 2022/375-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMTS, CTC e RBTS lugar O Sisto.
Concello: Carballo.
Feitos:
1. O día 12 de maio de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de atender unha petición de subministración para unha vivenda no lugar do Sisto, concello de Carballo, proxéctase a substitución do centro de transformación de intemperie denominado CT Sisto II (15ACCD, IN407A 2006/331-1) de 160 kVA de potencia, por outro de superficie de tipo compacto prefabricado de 250 kVA e a instalación dunha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión LMT BRT713, procedente da subestación Bértoa, e de dúas novas saídas en baixa tensión soterradas que o conectarán coa rede de baixa tensión existente, a correspondente acometida ao CPM de particular, así como o desmantelamento dun tramo aéreo adxacente ao apoio do centro de transformación de intemperie que se vai desmontar.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS, CTC e RBTS lugar O Sisto, asinado o día 22 de agosto de 2022 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, nº colexiada 2.033 da Coruña; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 31 de marzo de 2023.
• BOP: 15 de marzo de 2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 31 de marzo de 2023.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo o certificado municipal do 24 de maio de 2023.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas, isto é, o Concello de Carballo e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 29 de agosto de 2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial da Coruña é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar do Sisto, concello de Carballo, e as súas características técnicas son as seguintes:
• LMTS a 15 kV, de 29 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1x240) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 9XJKRNSP//15-1 existente tipo HVH-1600/11 da liña LLMT BRT713, procedente da subestación Bértoa, e remate no CTC proxectado. A nova liña discorrerá canalizada en gabia de 0,40 metros de ancho e de entre 1,00 e 1,40 metros de profundidade, aloxado en tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro.
• Novo CT O Sisto II compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L (1 reserva)+1P (TC).
• Desmantelamento do CTI Sisto II (15ACCD, IN407A 2006/331-1) de 160 kVA instalado no apoio nº C13-12-12-CT tipo HVH 13/1600 existente que se vai desmontar.
• Desmantelamento do tramo LMTA de 6m, condutor LA-56 Al, comprendido entre o apoio nº 9XJKRNSP//15-1 e o nº C13-12-12-CT que se vai desmontar.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 5 de setembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Carballo
LMTS, CTC e RBTS lugar O Sisto
|
Parcela do proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio |
LMT soterrada (servidume de paso |
Natureza do terreo |
||
|
CT/Nº do apoio |
Superficie (m2) |
Lonxitude (m) |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Ramiro Rama Andrade/José Antonio Díaz Alons/Xaime Díaz Alonso |
Polígono 22, parcela 99 |
Vella Morta |
CT e acceso |
19,73 |
Rústico. Agrario |
||
