DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2024/096-1).

Expediente: IN407A 2024/096-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Chamberín.

Concello: Zas.

1. Características técnicas:

As instalacións están no lugar de Chamberín, parroquia de Baio, no concello de Zas, e as súas características técnicas son as seguintes:

• LMTS a 20 kV, de 330 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, coa orixe no PA/S proxectado no apoio nº 42-2 proxectado da LMT VIM803 Laxe Neano, núm. 3, procedente da subestación Vimianzo, e remate no CTC proxectado. O condutor discorrerá entubado baixo calzada ata o centro de transformación proxectado.

• Novo apoio tipo C-1000/12 en que se instalará un interruptor telecontrolado (ITC), que se vai intercalar entre os apoios nº 9JPTHUEC//66 e nº 9JOJCQEV//67 da LMT VIM803 a 20 kV e condutor LA-110. Retensado dos vans comprendidos entre os anteditos apoios.

• CT no lugar de Chamberín compacto prefabricado de manobra exterior, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de setembro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Zas

parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Chamberín 15094A052000360000TH

Rústico, agrario, piñeiral madeirable

María del Sol Castiñeira Rial

Apoio 1

2.0

2.7

7.0

2

Chamberín 15094G506000010000FU

Rústico, agrario, piñeiral madeirable

Herdeiros de Alfonso Mira Pose

CT

15.96

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2 m2 sot.: superficie de servidume soterrada