DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de setembro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas coa clave DH.A36.03038, outorgada o 26 de maio de 2004, no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.102293).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Saxosa.

Expediente: DH.A36.102293.

Volume total anual: 11.323,80 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,42 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: nove (9) mananciais: M1 a M9:

M1 en parcela 71, polígono 16.

M2 en parcela 9006, polígono 16.

M3 en parcela 320, polígono 13.

M4 en parcela 284, polígono 13.

M5 en parcela 61, polígono 15.

M6 a M9 en parcela 9002, polígono 13.

Todas do Catastro de Vilaboa.

Lugar: Sabaxáns.

Parroquia: Santa Comba de Bértola.

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga procedente dos mananciais reúnese para conducila á caseta de depósitos na parcela 12, polígono 13, onde se reparte a trinte a dous (32) depósitos individuais dos cales parten senllas conducións cara aos puntos de abastecemento.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 9 de setembro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur