DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 7 de outubro de 2024 Páx. 53684

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 25 de setembro de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión do posto de xefe/a de sección de Medicina Interna (Crónicos).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG nº 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Sergas, o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 do outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, a xerente da Área Sanitaria

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de traballo que se indica no anexo.

Segundo. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios de Recursos Humanos, sito na planta baixa do Hospital Arquitecto Marcide, asemade na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Área Sanitaria de Ferrol, dirixidas ao xerente da Área Sanitaria, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 25 de setembro de 2024

Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de sección de Medicina Interna-Crónicos.

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario na especialidade de Medicina Interna, en situación de servizo activo en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou ser titular de praza vinculada docente-asistencial na mesma especialidade, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou desempeñando praza vinculada docente-asistencial.

Procedemento de provisión: avaliación colexiada.

Institución: Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol.