DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 7 de outubro de 2024 Páx. 53727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 789.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 12 de setembro de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 789 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.043,28 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Actual titular: Juan Carlos Fernández Oubiña (***5306**).

Novo titular: Iván Fernández Toledano (***8071**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.

Vigo, 13 de setembro de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo