De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2024, que se incorporan como anexo a esta resolución.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024
Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
|
Convenio |
Importe |
Data sinatura convenio |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo. |
30.000 € |
25.1.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior para o desenvolvemento de actividades de formación no programa Consumo responde. |
14.400 € |
10.5.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a ONCE-Galicia para o desenvolvemento de obradoiros de formación accesibilidade e asesoramento no programa Consumo responde. |
Sen custo |
28.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde. |
Sen custo |
28.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde. |
Sen custo |
28.6.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde. |
Sen custo |
1.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Lugo para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde. |
Sen custo |
1.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a asociación Provivienda para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde. |
Sen custo |
1.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Ourense para o desenvolvemento de obradoiros de formación no programa Consumo responde. |
Sen custo |
7.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Programa universitario de maiores IV ciclo, en actividades de carácter formativo e divulgador en materia de consumo. |
Sen custo |
7.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia. |
30.000 € |
26.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Unión de Consumidores de Galicia-UCGAL para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia. |
25.000 € |
26.7.2024 |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia. |
30.000 € |
29.7.2024 |
