DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 8 de outubro de 2024 Páx. 53845

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas Os Tornos

ANUNCIO da exposición pública dos estatutos.

O que subscribe, José Carlos Filgueira Solla, veciño do lugar de Almofrei, parroquia de Almofrei, concello Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Augas Os Tornos, por medio deste anuncio comunico a todos os usuarios que os estatutos estarán expostos ao público nas dependencias municipais do Concello de Cerdedo-Cotobade, durante o prazo de trinta (30) días contado desde a publicación deste anuncio no DOG, para que poidan ser examinados e presentarse as alegacións que se consideren oportunas contra eles.

Almofrei (Cerdedo-Cotobade), 13 de setembro de 2024

José Carlos Filgueira Solla
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas Os Tornos