No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 157, do 13 de agosto de 2024, correspondente á oferta de emprego para o ano 2021, publicouse a convocatoria e as bases que rexen a cobertura da seguinte praza vacante:
Denominación: técnica/o de planificación estratéxica e innovación, técnico/a de administración grao superior. Sistema de provisión: oposición, grupo A, subgrupo A1.
Solicitudes: presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, ou a través da sede electrónica (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal/info.0), ou ben de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo de presentación: vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios realizaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios do Concello de Sanxenxo, unha vez iniciados os exercicios os resultados faranse públicos na sede electrónica e no taboleiro de anuncios.
Sanxenxo, 17 de setembro de 2024
Paula Martínez Santos
Alcaldesa presidenta accidental
