Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TRO708 substitución CTI Godesende por CTC e reforma CT A Guía, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán presentar, no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, un escrito no que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que estimen oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración, e así mesmo achegar as probas que consideren oportunas na xustificación de ditas alegacións.
Vigo, 27 de setembro de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/083-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS TRO708 substitución CTI Godesende por CTC e reforma CT A Guía.
Concello: Vigo.
|
Predio |
Refª catastral |
Titular |
|
1 |
5185601NG2758N0001TI |
José Collazo Puga |
