DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 9 de outubro de 2024 Páx. 53968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán presentar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, un escrito no que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración, e así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.

Vigo, 27 de setembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/064-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

1

8214711NG1781S0001FS

Coruxo

Descoñecido

2

54057A126002600000BL

Hermida

Descoñecido

3

54057A126002710000BX

Hermida

Descoñecido

4

54057A126002770000BU

Hermida

Descoñecido

5

54057A126002920000BL

Hermida

Descoñecido